Valentín García, secretario de Política Lingüística, reivindicou o emprego do galego no comercio nun acto organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia e o Foro Enrique Peinador

Nas últimas décadas, a lingua galega logrou abrirse paso no eido empresarial. Cada vez son máis os negocios que contribúen no emprego do idioma e evidencian o importante “valor galeguizador” na sociedade galega. Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, vén de salientar a “enorme riqueza” do galego no comercio, asegurando que transmite “confianza” aos consumidores e consumidoras.

Así e todo, o sociolingüista quixo facer énfase na “gran vantaxe” que supón o emprego da lingua galega, xa que a súa comprensión transcende das fronteiras de Galiza por mor da “internacionalización” que permite a súa orixe lusófona. García lembrou que o portugués é o sexto idioma con máis falantes de todo o planeta, e permite a comunicación directa con diferentes países dos continentes africano e sudamericano.

Nesta xuntanza, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia e o Foro Enrique Peinador, puxéronse sobre a mesa os diferentes “prexuízos lingüísticos” que levan a algunhas persoas a non empregar o galego. Xosé González, presidente do Foro, salientou a eiva existente no eido xurídico, xa que moitos xuíces e xuízas dictan as súas sentencias unicamente en castelán.

http://nostelevision.gal/lingua-galega-transmite-confianza-ao-consumidor/

 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss