O programa “FEGAPE EMPREGA” permitirá impulsar a formación e inserción de case 80 mozos e mozas de Pontevedra a través de un conxunto de accións formativas, de prospección e de inserción nas empresas de Pontevedra e comarca.

As accións formativas do programa “FEGAPE EMPREGA” da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) daban hoxe comezo nas súas oficinas da rúa Arquitecto de la Sota en Pontevedra, para impulsar a contratación de mozos/as desempregados de menos de 30 anos  da cidade de Pontevedra.

“FEGAPE EMPREGA” é un programa financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), vai dirixido a 80 mozos/as desempregados de menos de 30 anos  e residentes en Pontevedra, e ten como obxectivo formar a estes mozos e mozas en capacidades demandadas polas empresas da zona a través de varios itinerarios formativos para poder capacitalos da mellor maneira e acadar a súa inserción laboral.

A Coordinadora do programa, Verónica Tourón, recibiu aos alumnos participantes no programa que hoxe daba comezo, impartindo os dous primeiros módulos formativos de “Habilidades e técnicas para a procura de emprego” e “Novas Tecnoloxías para a procura de emprego”.

O programa continuiará nos vindeiros meses coa impartición dos itinerarios formativos de “Produción”, “Xestión de Almacén” e “Mixto-Comercial”, co obxectivo de insertar alomenos ao 40% por cento dos participantes.

Colaboración das empresas

A Coordinadora do programa, Verónica Tourón, solicitou hoxe a colaboración das empresas de Pontevedra e da Comarca para solicitar traballadores/as dos que se están a formar neste programa.

“Estamos á disposición das empresas para axudalas a cubrir as súas demandas de emprego con persoal capacitado e preparado para poder iniciar a súa andaina profesional nelas. Para elo as empresas só é preciso poñerse en contacto con FEGAPE no teléfono 656538533 ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.”.

 

 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss