Abel Losada

Propuxo apoio ás organizacións de carácter económico e empresarial, as usuarias naturais dos parques industriais e empresariais de Galicia

 

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, alerta dun “inminente fracaso” na política de impulso do chan industrial por parte do goberno galego. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Industria do Parlamento na que criticou a ausencia de desenvolvemento de chan industrial “diante dun futuro incremento da demanda”.

Losada advertiu que malia que o goberno galego “fale de recuperación”, este anuncio careza dunha actuación en resposta para facer do chan industrial un “factor produtivo” apoiando aos organismos públicos e situando a Galicia en posición de facer fronte á agresiva oferta deste tipo de chan en Portugal, onde está “fortemente subvencionado”.

Reclamou “chan industrial con dotacións de calidade e a un prezo accesible” como “un dos elementos fundamentais para reforzar un proceso de reindustrialización que o Goberno publicita pero que os datos non confirman”. Criticou que “os datos non son certos”, xa que si ben teoricamente levan investidos mais de 32 millóns á mellora das infraestruturas dende 2009, o certo é que as contías “non aparecen nos orzamentos”.

O responsable socialista reclamou un plan de dinamización e promoción dos plans empresariais galegos, a ampliación dos orzamentos ou a posta en marcha de axudas á compra de chan industrial. Tamén propuxo apoio ás organizacións de carácter económico e empresarial, as usuarias naturais dos parques industriais e empresariais de Galicia.

Emprego

Losada advertiu do contraste entre os anuncios dunha suposta recuperación económica e “a realidade das cifras”, que ofrecen unha distancia cada vez maior entre a situación económica e do desemprego de Galicia e do resto de España. Advertiu que mentres Galicia rexistra mais desemprego que no resto do Estado, o crecemento económico sitúase por debaixo, co cuarto peor comportamento do Estado de crecemento do PIB, de acordo cos datos do III trimestre.

O deputado socialista sinalou que “segundo o goberno galego os sectores produtivos van estupendamente, pero os números din que no resto de España van mais estupendamente que aquí”. Mentres, o paro rexistrado creceu en Galicia un 2,95 por cento, un punto por enriba do 2 por cento que medrou no conxunto do Estado.

psdeg-psoe.com/2015/11/03/fracaso-inminente-na-politica-de-chan-industrial-da-xunta

 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss