O grupo municipal socialista de Porriño solicitará ó goberno local que inicie os contactos coa Asociación de Taxistas do Porriño para crear novas paradas de taxi que den máis servizo e para desbloquear a negociación da Ordenanza de Taxis que permita ós taxistas poder instalar os taxímetros nos vehículos. O voceiro municipal socialista Iván Vaqueiro pediu ó goberno que "se poña as pilas nos temas de mellora da mobilidade no Concello". O voceiro socialista anunciou que o seu grupo pedirá no vindeiro pleno tres novas paradas de taxis en Porriño: unha na parroquia de Torneiros, outra diante do Centro de Servicios do Polígono de A Granxa e outra a carón do Centro de Saude de Porriño, situacións que os socialistas consideran estratéxicas para os veciños e veciñas que necesitan ese servizo".


O PSdeG-PSOE presentará esta moción dentro dunha serie de medidas que teñen como obxectivo dar cumprimento ás demandas do sector dos taxistas do Porriño, e que estas se poidan plasmar na Ordenanza Municipal de Taxistas, que naceu como proposta dos taxistas e que leva parada dende o ano 2007 a pesar de que xa o PSdeG no ano 2008 pediu á concelleira Obdulia Díniz que se reunise co sector, e retomara a idea.

Os socialistas, pensan que "é necesario desconcentrar o servizo de taxis, agora ubicado na rúa Estación, e crear novas paradas de taxi, consensuadas coa Asociación de Taxistas, entre as cales do Grupo Socialista identificou tres situacións que caracteriozou de moi importantes: o Polígono de A Granxa, o Centro de Saúde e a zona urbana de Torneiros". Segundo o PSdeG, que contrastou esta proposta noutros concellos, é sinxelo, a través da Asociación Provincial de Taxistas, a posta en marcha dun servizo de Radio Taxi como xa existe en cidades como Vilagarcía.

Taxímetro

Outra das demandas dos taxistas é a necesaria aprobación da Ordenanza de Taxis para poder regular a implantación dos taxímetros nos taxis. Na actualidade, os taxis do Porriño non teñen implantado este sistema de medida do coste dos servizos. Algo que segundo os socialistas, é unha necesidade urxente que garante ós clientes a transparencia no prezo. Por elo instan ó goberno a retomar o diálogo coa Asociación de Taxistas do Porriño.

vigometropolitano.com/news/169/ARTICLE/16754/2009-06-02.html

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss