Esta iniciativa enmárcase dentro da execución das accións formativas do Programa Integrado de Emprego “FEGAPE EMPREGA 2017-2018, TR332A 2017/47-0” que subvenciona a Xunta de Galicia.

 

A Federación Galega de Parques Empresariais, FEGAPE, porá en marcha unha nova formación para xoves desempregados/as menores de 30 anos, dentro do “Itinerario 2. Construción, Almacén e Loxística”, na especialidade de Electricidade Básica.

Esta iniciativa enmárcase dentro da execución das accións formativas do Programa Integrado de Emprego “FEGAPE EMPREGA 2017-2018, TR332A 2017/47-0” que subvenciona a Xunta de Galicia.

Esta formación en Electricidade vai dirixida a un total de 12 alumnos/as, e porase en marcha, o próximo día 19 de marzo, finalizando o 24 de abril, con un total de 120 horas de formación. Unha vez finalizada e formación, os alumnos/as realizarán 80 horas de prácticas non laborais en consonancia coa formación impartida.

 

Esta formación foi presentada polo secretario xeral de FEGAPE, David Sobral, e conta, tal como se sinalaba coa financiación da Xunta de Galicia.

 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss