Primeiro encontro institucional do presidente galego con Antón Arias

Na reunión tamén estiveron presentes os presidentes das Confederacións de Empresarios da Coruña e de Ourense, Antonio Fontenla e José Manuel Pérez Canal, respectivamente; así como o conselleiro delegado da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín e o seu secretario xeral, Jaime López Vázquez.
Durante o encontro, que transcurriu nun ambiente distendido e durante máis dunha hora, puxéronse sobre a mesa algúns dos temas que máis lle preocupan ao tecido empresarial galego. Neste senso, Antón Arias, amosoulle a Núñez Feijóo a preocupación por parte das pemes galegas ante as licitacións que se están producindo mediante “macroconcursos”, que impiden o acceso das pequenas e medianas empresas á contratación pública. Precisamente na liña coa normativa autonómica que procura a accesibilidade das pemes aos contratos públicos, a CEG solicita a “procura de solucións” para a “reestruturación de tales macroconcursos”. Manter este tipo de licitacións terá como resultado final a “destrución de emprego” así como tamén outros danos importantes para a economía galega, tales como “o pago de impostos fóra da comunidade” ou que “os provedores e o emprego indirecto proceda de fóra de Galicia”, engadiu o presidente da patronal galega.
Os representantes do Comité Executivo da CEG tamén trasladaron ao presidente do Goberno autonómico a súa petición de apoio á Plataforma para o impulso da loxística do Noroeste –composta polas Federacións Asturiana e Leonesa de Empresarios; as Confederacións de Empresarios de Galicia, da Coruña, de Lugo, de Ourense, de Pontevedra e de Cantabria; e as Cámaras de Comercio de Lugo, Oviedo, Avilés, Gijón e León-.  O que pretende a patronal galega é buscar a mesma prioridade das infraestructuras da conexión dos portos marítimos co Corredor Atlántico da rede Básica que ás propias seccións preidentificadas do Corredor Atlántico, de forma que este último recupere a súa verdadeira dimensión marítima, e que se fomente o desenvolvemento de sistemas loxísticos terra-mar mediante as Autopistas do Mar. Neste senso, e a corto prazo, a Plataforma propón que as Administracións Públicas competentes soliciten á Comisión Europea a inclusión das seccións ferroviarias Palencia-León-Xixón/Avilés, Palencia-León-A Coruña/Vigo e Palencia-Santander no Corredor Ferroviario Nº 4.
Asemade, Antón Arias tamén lle trasladou a Núñez Feijóo a preocupación pola competencia entre o solo industrial de Galicia, incidindo sobre todo no caso do de Pontevedra, co do Norte de Portugal, na consideración de que neste caso sempre se debe abogar máis pola “cooperación”. Ao fío deste tema, o presidente do goberno autonómico puxo de relevo a política posta en marcha pola administración que el dirixe en canto á “máxima facilitación do acceso ao chan industrial en Galicia para o seu empresariado” coa fin de “evitar a pérdida de postos de traballo” e a “deslocalización de empresas”.
Ambos mandatarios converxeron na necesidade da existencia dunha confederación a nivel autonómico que actúe como “interlocutora” e “mediadora” co empresariado galego, así como que cumpra ademais co seu papel de “axente social”.

www.economiaengalicia.com/articulo/protagonistas/feijoo-recibe-ao-presidente-da-confederacion-empresarios-galicia/20170403220211003306.html

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss