Domingo, 8 de marzo de 2015

 

A economía galega está inmersa na crise máis profunda das últimas décadas, unha crise que é consecuencia da coincidencia dunha serie de factores, algúns globais como a crise financieira que se desencadenou en 2008 tras moitos anos de desregulación. O estallido da burbuxa inmobiliaria que aconteceu en Galicia ó igual que no resto de España foi o fin dun modelo especulativo e insostible que puso en evidencia que se desaproveitou o crecemento co que se iniciou o milenio para realizar as reformas estructurais que precisaba a nosa economía. O noso reto é facer unha comunidade autónoma máis competitiva. pero non facelo de calqueira forma. O camiño non é a devaluación salarial, algo que só ten repercusións de curto recorrido e que non é o factor decisivo para dun xeito estructural gañar competitividade nun entorno global. Hai que apostar por mellorar outros factores, como a mellora do capital humano, a calidade institucional e o acceso ó credito. É necesario un marco fiscal máis sinxelo e xusto, levar a cabo reformas regulatorias para mellorar a competencia, así como potenciar que o sector privado invista máis en investigación. Estes son os factores que determinan o éxito competitivo dunha comunidade autónoma desenrolada, sendo os pilares que debemos impulsar.


Galicia non está entre as comunidades autónomas que destaca na actualidade pola competitividade do seu tecido productivo. Un obxectivo ambicioso que nos debemos marcar é que Galicia se sitúe nos próximos anos á cabeza de España nese eido e, para iso, é absolutamente necesario impulsar a competitividade dos nosos sectores industriais e que elo sexa un obxectivo de todas as administracións públicas, non só das de ámbito autonómico e estatal. Nos últimos anos produciuse un proceso de desindustrialización moi negativo para a economía galega. O peso do sector industrial galego non alcanza o 20% do PIB sendo claramente inferior á media do conxunto de España. O peso da actividade industrial é bastante inferior ó observado nas comunidades autónomas comparables en termos de renta ou de relevancia económica. A actividade industrial galega comparándoa coa media de España concéntrase en ramas de menor intensidade tecnolóxica. O tecido industrial galego caracterízase por unha forte atomización das empresas e por unha forte concentración da actividade nas máis pequenas. Existe unha escasa orientación da industria galega ó mercado exterior en comparación coa media estatal, habendo en Galicia unha forte concentración das exportacións no mercado europeo. A industria galega presenta niveles de productividade por ocupado e de remuneración por asalariado inferiores á media de España e, por tanto, é menos competitiva que a do conxunto da economía española. A escasa oferta de crédito dificulta a mellora da situación do tecido productivo galego. Ademáis, os elevados precios da enerxía supoñen un grave problema para a industria de Galicia.

Nestes momentos nos que se empeza a visualizar con claridade que as políticas de austeridade na Unión Europa non son as mellores para afrontar a crise, ahí está o exemplo da política económica distinta e acertada que se ten aplicado en EE UU, convén que no debate público de Galicia se aborde a necesidade de definir unha nova política industrial que aproveite as nosas fortalezas. A nosa comunidade autónoma dispón dunha forza laboral cun nivel de formación elevado. A industria galega dispón de instalacións e sistemas de producción modernos debido ó notable esforzo realizado en renovación de capital fixo. A experiencia adquirida en procesos de internacionalización por grandes empresas líderes establece un modelo de funcionamento para o resto de empresas dun tecido industrial galego que, nos últimos anos, ten aumentado con claridade a súa eficiencia ambiental. En aproveitar estas potencialidades deben centrarse os esforzos dun gasto público galego que, se queremos que a nosa economía despegue, debe dun xeito claro deixar de contraerse.

© Fegape, 2015.

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss