Domingo, 22 de febreiro de 2015

 

As exportacións de Galicia caeron un 3,2% en 2014 pechando un exercicio no que a nosa economía se encolleu no que á colocación dos nosos productos no exterior se refire. A responsabilidade non é só pública, tamén é privada. Na nosa comunidade autónoma a inversión en innovación provén sobre todo do sector público cando necesitamos unha aposta colectiva do sector privado pola mesma. A inversión en I+D galega procedente do tecido productivo representa un procentaxe moi alonxado do que teñen economías líderes do norte de Europa. Poderíamos aspirar a máis porque aquí está unha das claves para avanzar en internacionalización así como en diversificación da nosa estructura de producción. Para crecer no exterior e que a economía galega non se peche en si mesma debemos ser conscientes de que nos queda un camiño difícil pero, o mesmo tempo, cheo de oportunidades como o Horizonte 2020, un poderosísimo instrumento de competitividade, financiación e crecemento que o pasado ano puxo en marcha a Unión Europea. O nivel de aproveitamento do mesmo, por parte da nosa industria en xeral e das pemes galegas en particular, é absolutamente crucial de cara a maximizar no noso territorio o impacto esperado de dita acción europea.



Galicia necesita cambiar a súa estructura empresarial para o que é fundamental que o número de pemes que dan o paso de convertirse en grandes empresas se incremente. O analizar o noso tecido empresarial vemos que a nosa é unha economía que non está suficientemente enfocada o sector industrial. A supremacía tan aplastante en Galicia da microempresa dende o punto de vista estatístico está relacionada coa insuficiente cultura emprendedora que sigue existindo, na nosa comunidade autónoma, non só no que atinxe á creación de empresas, senón tamén no que ten que ver con agrandar o tamaño das mesmas. As nosas grandes empresas son equiparables as europeas, o problema é que temos un moi significativo déficit de grandes empresas. Por elo, dende o sector público, se debe incentivar que cada vez máis pemes galegas den un salto cuantitativo e cualitativo adiante e se convertan en grandes empresas galegas. Habendo como hai unha excesiva dependencia por parte das pemes galegas da financiación bancaria é necesario potenciar a financiación das mesmas dende o sector público. As empresas industriais que polo menos teñen medio centenar de empregados son as máis enfocadas á exportación. De cara a evitar baixadas das exportacións galegas como a que se ten producido en 2014, compre incrementar o peso deste tipo de sociedades na nosa estructura empresarial.



Hai que focalizar cada vez máis na actividade industrial as políticas de desenrolo da nosa comunidade autónoma. A situación de crise actual é unha oportunidade para situarnos nun modelo de crecemento económico cun maior protagonismo para a industria. Nos anos anteriores a crise houbo un crecemento desproporcionado do peso do sector financiero na economía. Isto contribuíu decisivamente a chegada da crise en 2008. Para sair da mesma debemos ter presente que o industrial é o sector que concentra o groso da actividade de I+D e o que ten un maior efecto multiplicador no emprego. Nunha economía globalizada, a competitividade de Galicia mídese pola competitividade exterior das súas empresas. Sendo o sector industrial o que en maior medida determina á nosa capacidade exportadora, é fundamental conquerir que o mesmo teña un maior peso no conxunto da economía galega.


© Fegape, 2015.

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss