Domingo, 8 de febreiro de 2015

 

 

En Europa, nos anos 70 e 80 subsistían aínda as políticas de polos de desenrolo industrial iniciadas nos anos 60 e as medidas adscritas á reconversión das áreas industriais en crise protagonizaban as políticas industriais. Nos anos 90 entra en crise a política de subvención directa os sectores e se inician as políticas de estímulo ó desenrolo de aqueles máis prometedores. Transcurridas dúas décadas dente entón, Galicia precisa unha industria que estea a altura dunha nova revolución industrial baseada na innovación en productos e procesos, o incremento da productividade, a flexibilidade para adaptarse ós cambios na demanda, a conectividade das distintas áreas empresariais e os estándares de sostibilidade da Unión Europea. Para acadar este obxectivo, non só hai que reforzar os sectores estratéxicos da economía galega senón que tamén hai que reinventar as políticas autonómicas en relación ós parques empresariais para que sexan protagonistas de accións específicas de promoción industrial intersectorial e de modernización e dixitalización do tecido productivo. Neste eido, convén ademáis poñer remedio á carencia que ten a nosa comunidade autónoma no relativo ó moi escaso número de parques empresariais tecnolóxicos e especializados con que conta.


Nestes días temos coñecemento dunha nova baixada de precios por parte de Xestur para intentar mellorar as posibilidades de venta do seu solo. Unha diminución no custe do mesmo é importante pero convén non centrarse excesivamente só nese aspecto. No proceso de promoción autonómica de parques empresariais hai que ir máis aló do mero proceso constructivo e urbanístico. É necesario que a Xunta de Galicia impulse medidas específicas de mellora dos parques acometendo inversións nos solos dotacionais dos mesmos e apostando, chegado ó caso, porque determinados parques empresariais teñan un compoñente tecnolóxico e/ou de especialización. Por outra parte, cabe suliñar que as empresas galegas están lixeiramente menos dixitalizadas que as europeas e moi lonxe das ubicadas no norte de Europa. Para reducir este diferencial é importante prestar cada vez máis atención ó que ten que ver con importantes servicios cos que deben contar todos os parques empresariais galegos con independencia da súa ubicación ou do momento no que foron promovidos. Cuestións como  a conexión de banda ancha, a capacidade da rede que determina a velocidade de descarga ou envío de información, o nivel de dixitalización das empresas no seu día a día, a cobertura da rede de móviles e a chegada efectiva de máis dun operador de fibra óptica a tódalas parcelas dos parques empresariais cobran cada vez unha maior importancia de cara a mellorar a productividade mediante a implementación efectiva de tecnoloxías de información e comunicación.


En liña co exposto cabe concluir que a xestión dos parques empresariais ten que ser obxeto dunha planificación dende o ámbito autonómico que se propoña optimizar a súa xestión, adecuando as suas estructuras para que adquiran o perfil dunha oferta capaz de dar resposta ós criterios dunha demanda exixente non só no custe do solo, senon tamén no que ten que ver coa capacidade do parque empresarial para afrontar os desafíos que temos por diante no ámbito da Unión Europea. Nese senso, os parques empresariais teñen que aportar á oferta de cada empresa activos que poidan ser considerados factores estratéxicos na relación co mercado global. Para elo, é necesario establecer e impulsar dende o ámbito autonómico unhas liñas maestras de actuación orientadas a fomentar un uso intelixente dos parques empresariais por parte das administración locais que son titulares na actualidade dos mesmos.

 

© Fegape, 2015.

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss