Domingo, 1 de febreiro de 2015

 

O peche económico de 2014 demostra que a economía galega está paulatinamente deixando atrás a fase recesiva para instalarse no inicio dunha nova e necesaria etapa de reanimación. Se nestes inicios de 2015 se producise un incremento claro da demanda poderiamos alcanzar un crecemento económico claro. Para elo, é necesario que as nosas empresas consigan sortear os riscos que pode conlevar unha recuperación débil. A caída da cotización do euro e o afundimento do precio do petróleo son os factores principais que poden impulsar a economía española e, por tanto, a galega. Nembargantes, é necesario que os consumidores volvan os ritmos de compra que tiñan antes de que escomezase a crise. Esta semana coñecíamos que as ventas do comercio galego non creceron en 2014 a pesares de que, no conxunto de España, sí se produxo un crecemento en dita variable. Ainda que a rebaixa de impostos no presente exercicio suporá unha inxección de liquidez nos bolsillos dos cidadáns, en absoluto nada despreciable, fai falla algo máis para conquerir o crecemento das compras que necesita a nosa economía.


Cando nunha economía como a nosa se produce unha baixada no número de empregos como aconteceu en 2014, exercicio no que descendeu a poboación ocupada galega, resulta moi difícil que se produza un crecemento do consumo. Por iso, o estancamento do sector comercial galego en 2014 é un dato que enlaza co sinalado descenso da poboación ocupada galega. De todo elo, se extrae que a economía galega en 2014 tivo unha evolución peor que a da economía española. Para estar entre as comunidades autónomas que tiren do crecemento económico español é necesario incrementar o peso da industria na nosa economía, fundamentalmente porque son as empresas que conforman a mesma as que poden dar luz verde con forza ó emprego en Galicia. Neste inicio de 2015 percíbese no sector industrial galego que, con moita cautela, as empresas que forman parte do mesmo están volvendo a contratar. Apostar decididamente por incrementar o peso da industria galega no conxunto da nosa economía é o camiño para conquerir un crecemento sostido do emprego no tempo.


Que aumenten os pedidos e se poñan en marcha novos productos e servicios é o que cumpre que aconteza nas empresas para conquerir unha creación clara de emprego en Galicia. As empresas de tamaño medio son as que están en mellor disposición para que isto aconteza no curto prazo. Nelas ten unha oportunidade decisiva a nosa economía, sobre todo porque é necesario que cada vez máis medianas empresas incrementen o seu tamaño e alcancen a ser grandes empresas. En todo caso, con independencia do tamaño, a maioría das empresas galegas cren que a recuperación económica xa está aquí e que é a hora de volver a crecer. Nembargantes, todo indica que os pasos que pensan dar para ese crecemento van ser, polo de agora, curtos e moi precavidos. Unha parte importante da recuperación esperada ten que proceder do retorno da confianza empresarial e esta estase pouco a pouco producindo. Pero a caída de rentas e o elevado desemprego constitúen un obstáculo importante para a recuperación plena da economía galega, precisamente porque frenan o consumo e a demanda.

 

© Fegape, 2015.

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss