Domingo, 25 de xaneiro de 2015

 

Galicia, ademáis de ser unha comunidade na que a poboación emprendedora representa un porcentaxe moi baixo da poboación total, ten algúns problemas estructurais que debe resolver. Esta semana, a través da EPA, puidemos coñecer como rematou o ano 2014 o noso mercado de traballo, sendo moi significativo que sexamos unha das tres comunidades autónomas nas que baixou a poboación ocupada, mentres que no resto de España sí conqueriron aumentar o número de postos de traballo.

 


Ten que haber máis gasto en Galicia, máis eficiencia da man de reformas estructurais e máis competitividade. As condicións externas empezan a ser favorables polo descenso do precio do petróleo, a depreciación do euro, a disminución fortísima dos tipos de interese e a compra de débeda aprobada estes días polo BCE. Nembargantes, mentres non impulsemos decididamente un proceso de reindustrialización quedará moito por facer para poñer en órbita unha maquinaria tan pesada como a nosa economía. A industria non alcanza o 20% do PIB en ningunha provincia galega namentres que en Europa supón o 30%. Realidades como esta explican que sexamos a comunidade co nivel de paro máis alto do norte de España, o 20,9%, como nos veu a sinalar tamén a EPA do peche de 2014 que se coñeceu estes días.


 

Temos que ir hacia outro modelo galego. O autentico reformismo é algo máis que flexibilizar o mercado de traballo e aplicar recortes. Temos que ir máis alá se queremos afrontar problemas como o envellecemento da poboación ou a elevada tasa de paro xuvenil, que está condenando á frustración a unha xeración de xóvenes e oxalá que só sexa a unha. Galicia está agobiada por unha tasa de crecemento que apenas se diferencia do estancamento. Precisamos mellorar a productividade recuperando tasas apreciables de inversión en capital tecnolóxico, sobre todo cando o desafío a curto prazo da nosa economía é que o peso da industria alcance, como mínimo, o 20% do noso PIB. Ese é o reto de modernización que temos por diante.

 

© Fegape, 2015.

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss