Domingo, 18 de xaneiro de 2015

 

O maior problema que ten a economía galega nestes momentos é que poucos queren pedir prestado: o que fundamentalmente queren empresas e familias é devolver a débeda. A solución a este problema non reside en que os tipos de interés estén todavía máis baixos. Galicia escomeza a necesitar unha expansión fiscal. Na nosa comunidade fíxose un gran traballo de limpeza no sistema financieiro, que xa está en condicións de dar crédito. Pero aínda tendo en conta iso, nestas condicións, só o sector público pode evitar un estancamento crónico con estímulo fiscal.


A maioría amplia dos problemas económicos de Galicia nestes intres son de demanda. Está perdendo unha xeración en materia de emprego e pode perder outra se a política fiscal non o remedia. Se unha comunidade se axusta, lle pode ir ben. Se todas o fan e todos os axentes se desendeudan a consecuencia pode ser unha prolongación da recesión. Galicia ten suficiente aforro como para aguantar o déficit fiscal. Por iso é necesario impulsar que dende o sector público se preste cada vez máis directamente as empresas mediante programas de crédito. Iso é o que pode marcar a diferencia entre o casi pleno emprego e a cifra récord de paro. É unha receta moi recomendable. Aínda que non daría lugar a unha recuperación forte, debido a que os danos causados pola crise parecen ser de longo prazo, sí permitiría empezar a achegar o actual PIB per cápita de Galicia, menor o de antes da crise, o que tiñamos entón.


Para evitar que media década perdida chegue a ser unha década debemos ter presente que pasar da depresión o estancamento non é suficiente. Galicia ten unha poboación con gran talento e alto nivel de educación, ten un marco legal sólido e unha sociedade que funciona ben. Antes da crise tiña unha economía que funcionaba ben. Nembargantes, a nosa comunidade non é unha víctima. Se quere reencender o crecemento económico debe empezar a revertir as políticas de austeridade, apoiando dende o sector público aquelas dinámicas que aumenten a productividade por hora que é a base fundamental para acadar a tasa de crecemento anhelada.

 

 

© Fegape, 2015.

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss