O audio da entrevista íntegra emitida está dispoñible en crtvg.es

 

 O secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais -Fegape- expresa na Radio Galega o seu optimismo de cara á mellora da economía. Nunha entrevista en "Os Almorzos de Galicia por diante", David Sobral destaca o crecemento dos parques empresariais malia a conxuntura, aínda que insta ás pequenas e medianas empresas a se converteren en grandes. Segundo Sobral,

"o que necesitamos é que máis "peme" dean o paso para ser grande empresa". Isto, dixo, "favorecerá o emprego e a contratación indefinida".

Para acadar ese salto, o responsable da Fegape aposta pola internacionalización e por aproveitar a lingua galega como instrumento ao asegurar que

"sen dúbida temos unha vantaxe que non teñen outras comunidades e outros países europeos, que é a proximidade do idioma".

E citou ó Brasil, Angola, Mozambique, Macau e Goa como mercados interesantes para colocar produtos no exterior. 

Así mesmo, expresou o seu optimismo de cara ao futuro do naval cos posibles acordos con Pemex ao asegurar que

"é moi esperanzador e ilusionante o que se ten feito con Pemex" e engadiu que "dende a Federación Galega confiamos en que sexa unha realidade a finais de 2013".  

 

http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-25-10-2013-686908

 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss