Os usuarios poderán botar man dunha aplicación dirixida a permitirlles ofertar ou demandar prazas nos seus vehículos particulares

 

A Asociación de Empresarios de As Gándaras - Porriño está a pór en marcha un Plan de Mobilidade para favorecer que os traballadores aos que dá acubillo lles tiren o máximo partido aos vehículos dos que dispoñen, dende o punto de vista da sostibilidade e o rendemento. A medida vai acompañada dunha serie de accións en liña, como por exemplo a posta en marcha dunha web específica para permitir a plena inclusión no Plan das persoas que desenvolven o seu labor nos polígonos de As Gándaras e A Granxa. A través desta páxina, os usuarios poderán botar man dunha aplicación web dirixida a permitirlles ofertar ou demandar prazas nos seus vehículos particulares.
Para usala, terán que darse de alta como usuarios da páxina e crear a súa ruta habitual, especificando se procuran medio de transporte ou ofertan algunha praza libre no seu vehículo, ou incluso promover o emprego do autobús. Estas medidas responden ao programa de actuacións previsto nas Gándaras para reducir a emisión á atmosfera de gases contaminantes, moitos deles motivados polo uso non racional do transporte.

 

http://www.codigocero.com/En-marcha-unha-web-para-permitir-o

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss