As xestións realizadas dende o Concello do Porriño están encamiñadas á posta en valor desta zona empresarial, unha das máis importantes de Galicia
Como xa foi anunciado hai meses, o Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de Conservación da Granxa chegaron ao acordo da posta en marcha dun convenio de colaboración mutua. Despois de manter diversas reunións formalizouse un plan de traballo conxunto "que xa é unha realidade, comezándose a súa execución hai unhas semanas," explica Manuel Carrera, concelleiro de Vías e Obras.

O proxecto céntrase na realización de labores de saneamento, limpeza, de mellora e mantemento do mobiliario urbano, así como das glorietas, beirarrúas, iluminado e asfaltado das vías principais, a recollida selectiva dos colectores e a eliminación de vertedoiros incontrolados, entre outras tarefas, "co obxectivo sempre de poñer en valor o polígono, un dos máis importantes de Galicia", remarca Carrera.

As obras de acondicionamento comezaron pola reparación de seis glorietas da rúa principal do polígono e pola construción de dúas novas, no lugar das xa existentes, nos accesos á autovía A-55. Ademais, estanse a acometer labores de limpeza de beirarrúas e reparación dos bordes destas.
Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss