A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Maria José Caride, acompañada polos cantidatos socialistas Luis Gómez Piña e Enrique Cabaleiro, así como polo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Porriño e membro da comisión executiva nacional galega, Iván Vaqueiro, mantiveron un almorzo de traballo en Porriño cunha nutrida representación de axentes económicos da comarca, na que se abordaron diversos temas de grande interese para o futuro desenvolvemento da zona sur de Pontevedra. Asociacións de Empresarios de Mos e Porriño, Cámara de Tuy, sindicatos, comerciantes e representantes de centro tecnolóxicos da zona non quixeron perder a oportunidade de escoitar o programa do PSOE e as propostas da número dous do partido en Pontevedra. Tras facer un balance da situación actual da economía galega, o emprego, e as liñas que o anterior executivo promoveu e quere seguir impulsando sobre formación e promoción económica, entrou en materia de infraestructuras e transportes, da que ten máis que demostrado que é boa coñecedora.
As autovías Vigo-Porriño e Tui-A Guarda

“Somos conscientes de que outra obra neste corredor terá certo impacto na zona", afirmou Caride, "pero os beneficios que reportará serán moito maiores para a economía e a calidade de vida dos cidadáns. A futura nova autovía, ademáis de rematar na avenida de Madrid tamén terá unha conexión coa AP-9 e por tanto coa segunda circunvalación.” Segundo a conselleria, “temos que aprender dos erros do pasado que propiciaron que a principal vía de comunicación terrestre entre Vigo e Porriño sexa unha autovía que dista anos luz dun trazado seguro”. Iso explica, segundo a candidata socialista, que o PSdeG non quera caer nos erros de administracións anteriores, o que xustifica, por exemplo, que a futura vía Tui – A Guarda non será unha vía rápida ata Goián como así estaba deseñado polo PP, senón que será unha autovía. “Queremos facer as cousas ben dende o principio, investindo en trazados seguros e que satisfarán ás demandas do futuro", afirmou Caride.

Os parques empresariais

Outra das futuras medidas que propuxo Caride foi no eido da promoción empresarial, para dinamizar os polígonos de nova creación e evitar que os terreos industriais queden baleiros, paralizados, prantexando unha lei que propicie que os compradores desas parcelas teñan que facer un proxecto de construcción da empresa nos tres anos seguintes a sua compra ou, en caso contrario, ese terreo podería ser expropiado pola Xunta para que calquera empresario que si teña iniciativa real por implantarse poida facelo.

apeneiradalourina.wordpress.com/2009/02/13/maria-jose-caride-reuniuse-no-porrino-con-axentes-economicos-da-comarca

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss